|
|
Portada
|
Benvido(a) á Galipedia,
a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.
Nesta versión galega, que comezou o 8 de marzo de 2003, xa temos 39,064 artigos.
|
Benvida COMOs Preguntas frecuentes Comunidade Políticas Axuda
|
|
|
Avelino Cachafeiro Bugallo, coñecido como O Gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes, 26 de maio de 1899 – 13 de abril de 1972) foi un gaiteiro galego. De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924.
|
|
|
|
O mascato (Morus bassanus, antes Sula bassana) é unha ave do tamaño aproximado dun ganso que forma grandes colonias de ata varios miles de parellas. As aves adultas pesan entre 3 e 4 quilos. O corpo mide entre 87 e 100 centímetros de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de 165 a 180 cm. As ás, longas e estreitas, miden entre 47 e 53 cm e o bico de 9 a 11 (medido dende a testa). Non presenta dimorfismo sexual.
|
|
|
- 1929, o dirixible alemán Graf Zeppelin realiza o primer voo ao redor do mundo.
- 1949, a Unión Soviética testa a súa primeira bomba atómica.
- 1958, nace Michael Jackson, cantante estadounidense.
- 2004, nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 o marroquí Hicham El Guerrouj consegue un dobrete histórico ao gañar a medalla de ouro na proba de 5.000 metros. Previamente lograra o título nos 1.500 metros. Dende que o finlandés Paavo Nurmi o fixo en París 1924, ningún outro atleta gañara os 1.500 e os 5.000 metros nos mesmos Xogos Olímpicos.
- 2005, o Furacán Katrina toca terra en Luisiana, EEUU, como un furacán de categoría 4, inundando Nova Orleans nun 80% e causando máis de 1.200 mortos no país.
|
|
|
|
|
|
 Índice de categorías
|
|
|
|
Wikipedia noutras linguas
Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés
|
|